Publicador de contidos
Publicador de contidos

A borrasca Efraín perde forza, pero aínda deixará chuvia intensa no suroeste peninsular

A borrasca Efraín perde forza, pero aínda deixará chuvia intensa no suroeste peninsular

As provincias andaluzas máis occidentais manteñen activada a alerta amarela por chuvia, vento e temporal no mar

Estragos causados polo temporal no tellado dunha igrexa en Andalucía
G24.gal 15/12/2022 13:44

A cidade de Madrid recupera pouco a pouco a normalidade despois do caos provocado este mércores polas intensas precipitacións que obrigaron a cortar a metade de liñas de metro e anegaron estacións e pasos subterráneos. O servizo do suburbano quedou restablecido a primeira hora da mañá.

"Eu son condutor dunha empresa, e fatal, uns atascos que ben. E hoxe fíxate esta cortada Cibeles e custounos chegar máis de media hora aquí, que estamos ao lado".

Tamén se restableceu o tráfico na estrada autonómica que permaneceu cortada varias horas por unha balsa de auga en Fuenlabrada.

"E aquí había unha balsa que chegaba case ata a parte superior do muro polo que varios coches quedaron atascados e houbo que sacalos como se puido".

En Andalucía, os servizos de emerxencia atenderon máis de 350 incidencias, na súa maioría por danos causados polo forte vento na provincia de Cádiz.

Os estragos máis graves rexistráronse en Xerez, onde unha manga mariña arrasou con árbores, tellados, fachadas e mobiliario urbano. As provincias andaluzas máis occidentais manteñen activada a alerta amarela por chuvia, vento e temporal no mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos