A bolsa española supera os 14.000 puntos por primeira vez desde 2008
Tras sete sesións seguidas de ganancias o Ibex acumula máis dun 20 % de ganancias no que vai de ano

A bolsa española sobre máis de medio punto na apertura deste venres e logra superar os 14.000 puntos, unha cota na que non cotizaba desde 2008, na que pode ser a súa sétima sesión consecutiva de ganancias.
Poucos minutos antes das 10 horas, o IBEX 35, o principal selectivo español, alcanzou os 14.000 puntos. Con esta alza, as ganancias acumuladas no ano son xa de máis do 20 %.
Dentro do selectivo español, Acciona é o valor que máis avanza, o 1,6 %; seguido de Iberdrola, o 1,41 %; Logista, o 1,4 %; e Indra, o 1,3 %.
Telefónica tamén suma o 1,05 %; Inditex, o 0,66 %; Santander, o 0,33 %; e BBVA, o 0,07 %.
No resto de Europa tamén se impoñen as vendas. Co euro a 1,120 dólares, Frankfurt gaña o 0,76 %; Milán, o 0,56 %; París, o 0,50 %; e Londres, o 0,41 %.
No mercado de materias primas, o Brent, o cru de referencia de Europa, baixa o 0,06 %, ata os 64,49 dólares.
A rendibilidade da débeda española a dez anos alcanza o 3,026 %, coa prima de risco con Alemaña en 62 puntos básicos.