Publicador de contidos

Publicador de contidos

As bolsas soben e A China celebra a decisión xudicial que tomba os aranceis

As bolsas soben e A China celebra a decisión xudicial que tomba os aranceis

Pequín di que se demostra que "non hai gañadores nas guerras comerciais"

O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, aposta por reconsiderar as negociacións entre Bruxelas e Washington

Un tribunal dos EUA paraliza e declara "ilegais" a maioría de aranceis de Trump

As dúas principais bolsas chinesas repuntaron o 0,7 % e o 1,24 %
Antón Montero 29/05/2025 19:55 Última actualización 29/05/2025 20:20

Ninguén ten máis motivos que a China para celebrar esta decisión xudicial: líbrase como o resto do mundo da tarifa xeral do 10 %, pero tamén doutro 115 % adicional que Washington aceptara poñer en pausa durante 3 meses.

O goberno de Xi Jingping di que se demostra que non hai gañadores nas guerras comerciais. As dúas principais bolsas chinesas repuntaron o 0,7% e o 1,24%.

O parque neoiorquino tamén aplaude a sentenza, que compensa o mal dato económico do día: o retroceso do PIB estadounidense no primeiro trimestre.

Wall Street abriu en verde, co tecnolóxico Nasdaq subindo o 1,2 %, e con empresas como o fabricante de chips Nvidia revalorizándose case un 6 %.

En Europa, o entusiasmo non se notou tanto nas bolsas como nos despachos dos distintos gobernos. O español, por exemplo, cre que as negociacións en marcha entre Bruxelas e Washington deben agora reconsiderarse desde o novo escenario.  

"A sentenza confirma o noso argumento desde a Unión Europea de que os aranceis non son bos para ninguén. Supoñen un impacto negativo para o crecemento tanto da economía que os impón como daquelas que se ven enfrontadas", di Carlos Cuerpo.

O ministro de Economía pide prudencia porque a sentenza aínda non é firme e lembra que seguen vixentes os aranceis do 25 % aos automóbiles, o aluminio e o aceiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade