Publicador de contidos
Publicador de contidos

A bata galega, unha peza moi demandada

A bata galega, unha peza moi demandada

Leva anos vendéndose e é a peza máis utilizada para estar na cociña

O artista Joseba Muruzábal inclúeas en todos os seus murais de "superavoas"

G24.gal 28/05/2024 14:30

Trátase dunha peza que non é exclusiva da cociña ou das avoas. Son de calidade, versatilidade e feitas en Galicia Chegou ao teatro e ás artes.

Omnipresente nas "bravas" do debuxante Luís Davila. Omnipresente de norte a sur nas moitas cidades e vilas galegas onde as "superavoas" do artista Joseba Muruzábal a locen desde o alto. Cumprida homenaxe tamén a unha peza simbólica.

E, ao igual que o incontestable triunfo da moda galega, a bata galega é tamén moi exportable.

Javier Tojo, propietario dun posto de batas na praza de Abastos de Santiago, di "que xa as vendeu a turistas de México ou do Canadá". Tamén di que "a que máis triunfa é o modelo cruzado porque se pode adaptar a diferentes medidas". Hainas de diferentes modelos e cores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar