A autopsia preliminar descarta indicios de criminalidade no cadáver achado en Cervo
O corpo apareceu aboiando nun baixo alagado dun edificio en ruínas a medio construír da parroquia de Lieiro
Á espera do informe definitivo, o procedemento segue aberto no xulgado de Viveiro
Exteriores do edificio abandonado en que apareceu o cadáver en Cervo (Carlos Castro/Europa Press)
O informe preliminar de autopsia practicada ao cadáver localizado o pasado sábado en Cervo desbota indicios de criminalidade. O corpo apareeu nunha balsa de auga dentro dun edificio a medio construír.
Fontes xudiciais confirmaron que ese primeiro estudo descarta que o falecemento puidese ser resultado dunha acción criminal, aínda que matizaron que se trata dun avance preliminar e que o procedemento segue aberto, no xulgado de Viveiro, á espera de recibir o informe definitivo.
O corpo sen vida, do que non transcendeu identidade, atopábase flotando nun baixo alagado dun edificio en ruínas, abandonado a medio construír desde hai décadas na parroquia de Lieiro, e do que só queda en pé a estrutura de armazón.
Nesta zona, atópanse tres edificios abandonados desde aproximadamente dúas décadas. Detrás dun deles sitúase unha balsa de auga estancada, á que se accede por un camiño de terra contiguo e que non está separada por ningún elemento de protección.
Os Bombeiros de Viveiro, avisados polo 112, desprazáronse ata o lugar na noite do sábado para levar a cabo o rescate do corpo. Tamén foron notificados privado do 061 e voluntarios de Protección Civil, e a Garda Civil fíxose cargo da investigación.