Publicador de contidos
Publicador de contidos

A asociación Xuntos Saborea Galicia organiza un evento gastronómico en Vilagarcía

A asociación Xuntos Saborea Galicia organiza un evento gastronómico en Vilagarcía

Catro empresas de distintos ámbitos da alimentación e a bebida unen forzas

G24.gal 15/04/2024 14:55

Veñen de representar a Galicia nos principais eventos e feiras gastronómicas nacionais e internacionais. E hoxe organizan o seu primeiro evento en Galicia. Son as catro empresas do grupo Xuntos Saborea Galicia que hoxe enxalzan a calidade do produto galego no pazo de Rubiáns.

Un pazo que  é emblema desde hai séculos da tradición vitivinícola de Galicia e sede dunha das empresas deste grupo. Nesta experiencia de cooperación, de cobranding presentan os seus produtos estrela: os albariños de pazo de Rubiáns, as conservas os peperetes, os queixos e as manteigas de Airas Moniz e a carne de vacún de Discarlux.

Ao acto están invitados 400 hostaleiros, a maioría deles galegos pero tamén importantes chefs chegados doutros lugares para desfrutar da calidade do produto galego.

Din que a unión fai a forza. Son catro empresas, con sectores produtivos diferentes, que decidiron unir sinerxías. 

Guilllermo Hermo, director pazo de Rubiáns, conta que no hai competencia de mercado entre eles e se axudan. 

Ana Váquez, de Airas Moniz, di que o que lles interesa e por en valor Galicia e os seus produtos.

Jesús Lorenzo, Director xeral de conservas Peperetes di que comparten contactos e unen as súas marcas para presentarse de xeito conxunto a eventos. 

E o éxito aí está: un queixo azul, de Chantada, dos máis premiados de España. Ana Vázquez, de Airas Moniz, di que fan os seus produtos con leite cru de vaca jersey que crían en pastoreo.

Conservas con sona xa internacional. Jesús Lorenzo, director xeral de conservas Peperetes, conta que a súa filosofía é "utilizar a materia prima de orixe galega, procesando de xeito manual e respectando a receita tradicional da súa nai".

Xosé Porta, director executivo de Discarlux, di que "a carne de Galicia é a mellor do mundo".

E para acompañar, un albariño. Guillermo conta que o seu viño "diferénciase dentro do que é Rías Baixas en que o fan en lías e con uva propia dos seus viñedos exclusivamente". 

Desta colaboración incluso saíu algún produto conxunto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade