Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Asociación Unificada de Gardas Civís pide restruturar o corpo en Galicia

A Asociación Unificada de Gardas Civís pide restruturar o corpo en Galicia

Denuncian que nos cuarteis non hai efectivos suficientes para atender os cidadáns

A AUGC di que traballan en peores condicións laborais ca o resto de corpos policiais
G24.gal 04/05/2023 12:45

A Asociación Unificada de Gardas Civís reclama a restruturación deste corpo en Galicia. Din que a súa despregadura está anticuada, que non hai efectivos suficientes nos cuarteis e que esa falta de persoal está repercutindo na atención que prestan, na seguridade cidadá e nas condicións laborais dos axentes. Aseguran que un cuartel con menos de 40 efectivos non ten a operatividade necesaria e que só 37 abren 24 horas ao día. 

Os gardas civís critican a creación do que chaman 'unidades fantasma' para loitar contra novas modalidades delitivas, que se establecen sen levar aparellado un aumento do persoal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade