Publicador de contidos

Publicador de contidos

A asociación En-Colectivo pídelle ao Goberno central que asuma os sobrecustos das peaxes da AP-9

A asociación En-Colectivo pídelle ao Goberno central que asuma os sobrecustos das peaxes da AP-9

Esixen que a AP-9 sexa gratuíta e que Galicia se equipare a outras comunidades autónomas

De producirse finalmente ese incremento, viaxar desde A Coruña ata Vigo custaría case 20 euros, algo que desde a asociación consideran "inasumible" para moitas familias

G24.gal 20/11/2022 14:44 Última actualización 20/11/2022 15:05

Falta o visto e prace do Ministerio de Transportes, pero as peaxes da AP-9 poderían subir a partir de xaneiro por riba do 9 por cento. Entre as causas está o IPC e a compensación a Audasa polas obras na ponte de Rande. Asociacións de consumidores pídenlle ao Goberno central que tome medidas para evitar esa suba, como a conxelación das tarifas.

Esa suba prevista prexudica especialmente a quen utiliza a autoestrada con frecuencia. Os usuarios habituais, particulares e empresarios, considérana unha suba "excesiva".

"É moi caro"; "é unha subida esaxerada, claramente"; "paréceme un escándalo"; "andar a gastar 20 euros en ir ata Vigo é unha loucura", son algunhas das opinións dos condutores e usuarios da AP-9.

Desde a asociación de consumidores En-Colectivo pídenlle ao Goberno central que actúe conxelando as tarifas para o 2023 e asumindo os sobrecustos. 

"Igual que a Xunta de Galicia vai asumir o incremento das autoestradas que xestiona, consideramos que o Goberno central debe facer o mesmo... eu que este sobrecusto non repercuta unha vez máis nos galegos e que repercuta nuns presupostos xerais do Estado", incide Diego Maraña, presidente da asociación En-Colectivo.

Piden tamén a equiparación con outras comunidades autónomas.

"Consideramos que igual que outros cidadáns españois, de Cataluña, de Valencia... gozan de autoestradas gratuítas desde o momento do seu vencemento aos 40 anos, por que os galegos non nos atopamos nunha situación semellante?", engade Diego Maraña.

De producirse finalmente ese incremento, viaxar desde A Coruña ata Vigo custaría case 20 euros, algo que desde a asociación En-Colectivo consideran "inasumible" para moitas familias.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade