Publicador de contidos

Publicador de contidos

A asociación Diabetes Coruña reclama maior visibilidade para os maiores con diabetes tipo 2

A asociación Diabetes Coruña reclama maior visibilidade para os maiores con diabetes tipo 2

A diabetes de tipo 1 é a máis frecuente na idade infantil. Entre os adultos, a máis común é a tipo 2

G24.gal 14/11/2022 21:24

Aos nove anos Andrea foi diagnosticada de diabetes tipo 1. "Para min non foi un gran choque porque na miña casa o que era insulina, tiras e iso xa o había porque meu pai xa ten diabetes desde hai anos, pero si que foi un golpe dicir: a partir de agora hai que cumprir uns horarios, uns hábitos...", explica.

Igual que Andrea, Vanessa convive coa enfermidade desde nena. As dúas dispoñen dun medidor de glicosa que lles permite ter controlada a diabetes en tempo real a través do móbil. "Evita moita picada no dedo porque como tes que medir o nivel de glicosa en sangue continuamente e picar, agora coa aplicación pois tes o azucre controlado. Eu estou moito máis controlada agora".

A diabetes de tipo 1 é a máis frecuente na idade infantil. Entre os adultos a máis común é a tipo 2 e súa aparición ten como principal factor de risco a obesidade e o sobrepeso.

A doutora Teresa Martínez, xefa de Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC, engade que a diabetes "soe ir unida á hipertensión e a aumentos de colesterol ou graxas en sangue".

Amais a diabetes per se pode afectar a outros órganos como o corazón, o ril, os ollos, as pernas, etc.".

Na asociación Diabetes Coruña reclaman maior visibilidade para a diabetes tipo 2 en persoas maiores. "Porque non teñen acceso a un endócrino e son tratados polo médico de cabeceira, e porque moitas persoas ás que lle diagnostican diabetes tipo 2 previamente levan cinco e incluso dez anos padecendo a enfermidade sen ser tratadas", explica Andrea Dourado, que, xunto a Vanessa Fernández, forma pare da directiva da asociación de doentes.

En Galicia, unhas 270.000 persoas padecen diabetes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade