A arte de dominar as formas e cores impresas
A arte de dominar as formas e cores impresas
Un lugués deseña coleccións de papel e dá cursos en Europa e América sobre esta artesanía
Un lugués colabora en revistas e xornais ofrecendo titoriais sobre a artesanía do papel. Crea postais únicas, álbumes de fotografías e proxectos máis complexos como os scrapbooking ou documentación coas lembranzas.
Domina a arte de combinar as formas e cores dende pequeno. Ofrece titoriais por Internet, pero tamén dá cursos presenciais ensinando como traballar con papel. Unha docencia que o leva a viaxar por Europa e América, onde este tipo de coñecemento, chamado crafter, é moi apreciado.
Incluso colaborou cunha marca de papelería estadounidense coa que creou tres coleccións de papeis para este tipo de manualidades.
Nas redes ten milleiros de seguidores e nelas asegura que ten como obxectivo poñer cor e creatividade no día a día. Abofé que o consegue.