Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo quere disipar as dúbidas ante a Real Sociedade B

O Deportivo quere disipar as dúbidas ante a Real Sociedade B

Vén de perder a semana anterior co Castellón

Hidalgo conta con cinco baixas, entre elas a de Villares

A Real Sociedade B é o peor equipo fóra da casa

G24.gal 13/12/2025 14:51

A Antonio Hidalgo quitáronlle tempo para matinar e probar trocos ao ter que adiantar o partido a esta noite. Nunha xornada na que vai contar coas baixas de Ximo, Escudero e Bachmann por lesión, e por sanción de Noubi e o capitán Villares, o adestrador dálle voltas a presenza de Noé Carrillo. Hidalgo aseguraba que ten "variedade". Esa variedade é evidente na parte de arriba, punto forte deste Deportivo.

Enfronte estará a Real Sociedade B o peor equipo fóra do seu estadio. Un froito apetecible para saciar o apetito de fútbol coruñés e disipar as dúbidas que deixou a última derrota ante o Castellón. 

O partido esta noite, ás 21 hs, en Riazor.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade