Publicador de contidos

Publicador de contidos

A aldea de Vilancosta, ameazada por un niño de velutinas de gran tamaño

A aldea de Vilancosta, ameazada por un niño de velutinas de gran tamaño

Malia ter gran número de avespas asiáticas nas súas leiras, descoñecían a existencia do niño

O niño está nun lugar de moi difícil acceso, o que dificulta a súa eliminación
G24.gal 30/12/2021 12:54

Un niño como dous cestos. Isto é o que teñen os veciños do lugar de Vilancosta en Berres por riba das súas cabezas cada vez que saen da casa. Agora no inverno é plenamente visible malia a estar a uns dez metros de altura pendurado dun carballo. Os veciños din que non sabían que estaba aí, ao axexo, ata que chegou o outono e a caída da folla fixo visible as súas dimensións reais. Teñen medo.

"Seguro que leva aí todo o verán, porque co grande que é non se fixo nun día, debe ter un ano. Pero agora como choveu e fixo vento e a folla caeu vese perfectamente", di Xesús Castro, un dos veciños afectados. 

El é o máis novo da aldea. É o que está a xestionar a súa retirada. Di que petou en varias portas, no concello da Estrada, que os remitiu ao 112, pero por aquí non apareceu ninguén. É tamén máis afectado ten unha explotación de horta e froita que o fai un branco apetecible para o insecto invasor.

"Perigoso é porque está ao lado da casa e agora aínda non hai froita, pero cando hai froita non as sacar de enriba entran ata na casa. Se non te metes con elas non so perigosas, pero se te metes con elas, levas as de perder. Cando sae o sol iso é un enxame. Se a temperatura está baixa móvense moi pouquiño, pero cunha raiola é como unha colmea de abellas, so que estas son perigosas", asegura Castro.

O ciclo vital da avespa asiática depende da climatoloxía. Se as temperaturas son baixas e hai xeadas deberían acabar coa actividade dos niños que se manteñan vivos, pero se o frío tarda en chegar aínda pode haber movemento de avespóns. A maioría xa non terán raíña, que estará hibernada á espera da primavera para formar novos enxames.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade