Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ABAU terá o mesmo número de exames que antes e elixirase entre Historia e Filosofía

A ABAU terá o mesmo número de exames que antes e elixirase entre Historia e Filosofía

A proba será similar á dos últimos anos e só hai modificacións mínimas para axustala á ordenación derivada da Lomloe

G24.gal 11/10/2023 18:32 Última actualización 11/10/2023 19:58

O borrador da orde ministerial referente á proba de acceso á Universidade para o curso 2023-2024 manterá o mesmo número de materias a exame que en cursos anteriores. En aplicación da última lei educativa (Lomloe) haberá que elixir se examinarse de Historia de España ou de Historia da Filosofía.

A futura orde coas características, o deseño e o contido desta avaliación foi presentada este mércores polos ministerios de Educación e Universidades a estudantes, familias, directores de instituto, comunidades autónomas e universidades.

A proba en 2023-2024 será similar á que se veu realizando nos últimos anos e só hai modificacións mínimas para axustala á ordenación e ao currículo derivados da Lomloe.

Mantense a mesma duración (90 minutos por proba) e o mesmo número de materias a exame que antes: a obrigatoria da modalidade e tres comúns (catro no caso das comunidades con lingua cooficial). Examinaranse de Lingua Castelá e Literatura II, Lingua Estranxeira II, e a materia específica obrigatoria da modalidade; nas autonomías con lingua cooficial, tamén o farán desa materia.

En cumprimento da Lomloe, coñecida como Lei Celaá, o alumnado deberá elixir se examinarse de Historia de España ou Historia da Filosofía, xa que co novo currículo son materias troncais e na proba quíxose manter o mesmo número de materias a exame.

Aqueles que desexen subir a súa nota de admisión poderán tamén examinarse de, polo menos, outras dúas materias de modalidade de 2º de Bacharelato, e poderán elixir unha segunda lingua estranxeira distinta da que cursou como materia común.

Neste curso, por primeira vez, presentaranse á proba os estudantes que cursaran a nova modalidade de Bacharelato xeral, introducida pola lei de educación aprobada en 2020.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade