Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Festival da Luz entrega 90.000 euros a Down Galicia recadados na última edición

O Festival da Luz entrega 90.000 euros a Down Galicia recadados na última edición

O festival regresará este verán cunha nova edición entre o 23 e o 25 de agosto

G24.gal 09/04/2024 13:40

A cantante Luz Casal entregou este martes os fondos solidarios recadados na última edición do Festival da Luz. Son máis de 90.000 euros para a Asociación Down Galicia.

Tamén repartiron achegas á Cruz Vermella de Betanzos e a algúns colectivos de Boimorto. Alí regresará unha nova edición do festival entre o 23 e o 25 de agosto, cun cartel que xa avanzaron nesta xornada. 

"As persoas que temos sorte na vida temos a obriga de axudar os que teñen menos sorte. Ese é un dos nosos obxectivos principais e despois está o de poñer en valor o mundo rural", destacou a artista e promotora do festival. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar