Cargando resultados...
78 casos de varíola do mono en Galicia, máis de cinco mil en España
En España, a cifra un total é de 5.162 casos, un incremento de 585 casos respecto da semana pasada
A maioría dos casos son leves e non precisan hospitalización
G24.gal
10/08/2022 11:01
Aumentan os casos de varíola do mono. En Galicia hai 78 casos confirmados. No total de España, a cifra ascende a 5.162, o que supón un incremento de 585 casos con respecto á semana pasada. Por comunidades, Madrid lidera o listado de infectados, con case dous mil casos. Con todo, a maioría seguen sendo leves, cunha proporción baixa de ingreso hospitalario e de letalidade.