Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xestionarán o certificado dixital sen saír dos concellos de menos de 8.000 habitantes

Xestionarán o certificado dixital sen saír dos concellos de menos de 8.000 habitantes

O delegado do Goberno presentou en Guitiriz un proxecto do Ministerio de Política Territorial para facilitarlles os trámites coa administración aos veciños do rural. do que se beneficiarán 640.000 galegos

G24.gal 18/11/2022 14:35

O delegado do Goberno presentou en Guitiriz o programa do Ministerio de Política Territorial A administración cerca de ti.

O obxectivo é que os veciños de núcleos de poboación de entre 500 e 8.000 habitantes obteñan o certificado dixital sen moverse dos seus concellos e, así, poder realizar trámites administrativos sen ter que desprazarse ata a capital da provincia. Máis de 640.000 galegos de 240 concellos poderanse beneficiar desta iniciativa. 

Foron moitos os veciños de Guitiriz que non perderon a oportunidade de tramitar o certificado dixital sen ter que saír do seu concello. "Aforras de ir a Vilalba ou Lugo, porque tes que certificar a fe de vida coa túa presenza. Veñen eles aquí e co carné xa non tes que ir a ningún lado", di un veciño.

Os concellos solicitarán o servizo e informarán os veciños do día e horas nos que terán á súa disposición os funcionarios. "Para o rural isto é extraordinario", comenta outra veciña.

O certificado dixital permite realizar infinidade de trámites coa Administración sen saír da casa: "Se a Administración vén a ti, todo é máis fácil". E evita moitos desprazamentos: "Permíteche facer 50.000 cousas sen necesidade de ir a ningún lado".

Tramitan o certificado dixital e poden resolver dúbidas cos funcionarios. Dúbidas que tamén se poderán resolver a través dos programas de dixitalización dos concellos. "Isto é vital", di Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz.

O obxectivo é combater a brecha dixital e garantir a igualdade de oportunidades entre os habitantes dos concellos rurais e as cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos