Publicador de contidos

Publicador de contidos

60 mozos de bacharelato partiron para Londres para aprender inglés co programa Galemundo

60 mozos de bacharelato partiron para Londres para aprender inglés co programa Galemundo

Galemundo é un programa orientado a estudantes galegos que buscan facer unha inmersión lingüística noutros países

A Xunta inviste nesta formación 15 millóns de euros da que se beneficiarán este ano uns 7.000 estudantes e docentes 

G24.gal 04/08/2025 21:30 Última actualización 04/08/2025 21:38

Grazas ao programa Galemundo da Consellería de Educación, 643 mozos poderán aprender idiomas no estranxeiro este verán. Hoxe máis de medio cento de rapaces de secundaria partían cara a Londres para vivir unha experiencia vital que vai máis aló do propio coñecemento das linguas.

Galemundo é un programa orientado a estudantes galegos que buscan facer unha inmersión lingüística noutros países. Ademais dos universitarios, tamén participan alumnos de 1 e 2 de bacharelato, que mellorarán as súas competencias no Canadá, no Reino Unido, en Francia ou Alemaña. Este luns partían 60 cara a Londres. 

O plan forma parte da estratexia de linguas estranxeiras coa que se pretende impulsar a aprendizaxe sobre o terreo, para eles toda unha experiencia vital.

A Xunta inviste nesta formación 15 millóns de euros da que se beneficiarán este ano uns 7.000 estudantes e docentes para ampliar coñecementos e vivir unha etapa que será do máis enriquecedora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade