Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vai rañala, raparigo: o idioma demostra que hai expresións galegas que resisten aos estranxeirismos

Vai rañala, raparigo: o idioma demostra que hai expresións galegas que resisten aos estranxeirismos

As redes sociais provocan que termos ingleses sexan habituais en distintos ámbitos

A dobraxe fixera populares frases e palabras que agora algúns non coñecen

G24.gal 12/12/2025 15:45

Investigouno Magnun, demostrouno Terminator e confirmouno Shin Chan. O galego ofrece expresións abondo para calquera situación. Pero a publicidade, as redes sociais e os vídeoxogos introducen cada vez máis termos estranxeiros na nosa fala cotiá. "Outfit", "spoiler" ou "dress code" empezan a ser vocábulos de uso común en certos contextos, sobre todo entre a xente nova, cando en realidade hai palabras propias que significan o mesmo.

A dobraxe de películas e series de televisión ao galego, hai xa varias décadas, fixo populares frases e vocábulos que hoxe, algúns, apenas coñecen. Agora poucos saúdan cun "meu" pero moitos repiten "bro". 

"'Random', 'feedback'...", pon como exemplo unha moza. "No meu ámbito usamos moito 'tryhard'", engade a súa compañeira. "'Tryhard', para unha persoa que se esforza moito en algo, 'try' de intentar e 'hard' de forte", explica outro mozo.

Pola contra, o galego pega forte xerando valor engadido en determinadas actividades. Por exemplo, no mundo do deseño e dos agasallos. Expresións moi populares, especialmente con sentido de retranca, convertéronse en auténticos lemas que se imprimen en cuncas, bolsos e camisetas.

"As frases que máis se repiten en todas as compras levan o toque retranqueiro aínda que algúns non as entendan. «Pa toxo eu», non toda a xente sabe o que é un toxo", explica Alba Rodríguez, da tenda de Nikis Galicia na Porta do Sol de Vigo.

O choio, termo de orixe incerta, consiste en abeirar estas expresións orixinais. Se algo que escoitamos amola, sempre podemos retrucar cun "Vai rañala, raparigo", sen parecer un miñaxoia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar