Publicador de contidos

Publicador de contidos

5.000 menores galegos recibiron a vacina contra a gripe esta fin de semana

5.000 menores galegos recibiron a vacina contra a gripe esta fin de semana

O 43 % de poboación diana menor de 5 anos xa está vacinada contra a gripe
 

G24.gal 28/11/2022 14:57

 O 43,44 % da poboación diana de entre 6 meses e 5 anos está vacinada contra a gripe, tras o dispositivo de vacinación masiva establecido esta fin de semana nos hospitais galegos, onde se administrou a dose a un total de 5.000 destes menores.

Tras este avance, a cobertura da poboación diana incrementouse en sete puntos, xa que antes da fin de semana atopábase vacinado só o 36,22 %, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Ademais, nestas xornadas extraordinarias multiplicouse por oito os nenos vacinados nun día, que adoita ser unha media de 600. Así, co operativo desta fin de semana vacináronse o equivalente a oito días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade