Cargando resultados...
Unha Berlingo eléctrica, coche 15 millóns da factoría viguesa de Stellantis
Stellantis Vigo acada o fito tras 64 anos en Vigo
Antón Montero
09/05/2022 20:43
15 millóns de vehículos fabricados. É a cifra que este luns acadou a factoría viguesa de Stellantis. A honra correspondeulle a unha furgoneta Berlingo de cor gris, un dos modelos máis emblemáticos da compañía, aínda que neste caso na súa versión eléctrica.
Stellantis, a antiga Citroën, abriu as súas portas en Vigo hai 64 anos. É a fábrica de automóbiles con maior volume de produción en España.
Ignacio Bueno, director da planta viguesa, salientou que "este coche representa o noso orgullo pola fabricación, a eficacia e por esta terra por conseguir fabricar tantos coches neste tempo".