Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quince coches regados con ácido e coas rodas picadas en Cambados

Quince coches regados con ácido e coas rodas picadas en Cambados

Esta é a sexta ocasión que se repiten estes ataques indiscriminados a coches aparcados na rúa en Cambados

Antonio Galiñanes foi un dos damnificados nesta ocasión. Molláronlle o coche con ácido e corroeulle a pintura.
G24.gal 31/05/2023 13:43

Repítese a historia en Cambados. Os veciños xa viven nun déjà vu constante. Nas últimas noites 15 coches apareceron con danos na carrocería ao seren regados cun produto químico e algúns tamén coas rodas picadas. É a sexta vez que ocorren ataques semellantes. A Garda Civil séguelle a pista a un posible sospeitoso.

Antonio Galiñanes foi un dos 15 damnificados nesta ocasión. Vive na rúa dos Olmos. Hai un mes que estreou o coche e, por circunstancias, tivo que deixalo aparcado fóra, diante da casa. Pola mañá apareceu así, coa pintura corroída nun lateral polo efecto dalgún produto químico.

Esta é a sexta ocasión que se repiten estes ataques indiscriminados a coches aparcados na rúa en Cambados. Foron 15 desta volta. As iamxes corresponden ao que se produciu en xaneiro. Malia que o xeito de actuar foi similar, desta volta o vándalo comezou na avenida Coruña fronte ao cuartel da Garda Civil e foi picando rodas e regando con ácido coches pola Ribeira de Fefiñans, a zona do Pombal e rematou na rúa dos Olmos.

Os veciños viven en tensión co medo a deixar o coche aparcado na rúa. Piden que se resolva o caso e deteñan o responsable dos ataques.

A Garda Civil investiga os feitos e séguenlle a pista a un posible sospeitoso. Apelan á colaboración cidadá por se alguén pode achegar algún dato que axude a deter o responsable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade