Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home tras ser rescatado inconsciente do río na Estrada

Falece un home tras ser rescatado inconsciente do río na Estrada

Uns bañistas lograron levar o home ata a beira

Os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 04/07/2026 21:08

Un home faleceu este sábado tras quedar inconsciente na senda fluvial que conduce ao Xirimbao. O suceso ocorreu minutos antes das 19:30 horas, no concello da Estrada, preto da praia de Pontevea.

Uns bañistas lograron levar o home ata a beira, aínda que as dificultades do terreo impedían sacalo de alí.

Os propios particulares practicáronlle manobras de reanimación ata que chegaron os efectivos do GES da Estrada, que conseguiron sacalo da zona de difícil acceso.

Os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

No operativo interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, o GES e o Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada e de Teo, así como as Policías Locais de Teo e do municipio estradense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade