Cargando resultados...
"Smoke on the water" clausura o FITO
Belén Constenla e Josito Porto durante a representación de "Smoke in the Water"
G24.gal
23/10/2022 20:20
Última actualización 23/10/2022 21:09
O Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO, bota o pano cun espectáculo que evoca a época gloriosa do rock and roll.
Smoke on the water é o título desta obra que nos presenta unha irónica historia de amor entre Janis Joplin e o fundador de Deep Purple, coa incursión, tamén, de Joan Baez. Unha produción da compañía galega Ibuprofeno Teatro coa que se pon fin á décimo quinta edición da FITO.
Ao longo de once días pasaron pola cidade outras tantas compañías de Galicia, Portugal e a Arxentina, con especial protagonismo dos novos creadores.