Publicador de contidos

Publicador de contidos

'National Geographic' recomenda Pontevedra entre os dez destinos do mundo para vistar en verán

'National Geographic' recomenda Pontevedra entre os dez destinos do mundo para vistar en verán

Destaca o feito de poder esquecerse do coche para visitala

Valora poder camiñar o casco histórico dun extremo a outro en 25 minutos 

Marta González Salve 24/05/2022 14:09

"Un dos dez lugares do mundo en que un pode esquecerse do coche". Así define a prestixiosa revista National Geographic unha cidade galega, que ademais recomenda visitar este verán. 

Este é un dos principais aspectos que posicionaron a cidade de Pontevedra entre os dez mellores destinos do mundo para ir de vacacións  segundo a revista National Geographic. Poder percorrela a pé e sen coches polo medio é un valor engadido para os que deciden visitala.

Tranquilidade á que se suma o patrimonio cultural que ofrecen edificios relixiosos, museos, pontes, rúas e prazas. A publicación resalta tamén a cidade como lugar de referencia do Camiño Portugués.

Unha distinción que tamén os pontevedreses valoran positivamente. Recoñecemento que pon en valor tamén a calidade dos viños das Rías Baixas que se poden degustar tras pasear a cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade