Cargando resultados...
'Jacinto', o filme de terror galego do ano
Entrevistamos aos seus protagonistas: Pedro Brandariz, Anxela Baltar e Juanma Buiturón
A película dirixida por Javi Camino gañou premios do público en Sitges ou Vilagarcía
G24.gal
01/11/2021 14:04
O novo filme de Javi Camino, Jacinto, non para de levar premios: os do público en Sitges e Vilagarcía e o do xurado DARK MATTERS do festival de Austin. Xuntamos o seu elenco xunto ao lume para achegarnos a esta comedia terrorífica ou a este terror humorístico, segundo se mire.