Iñaki Martínez Antelo: "Estes cinco anos proban a madurez do público do Plataforma"
Baixo o fío da performatividade, tenden pontes entre artes visuais e artes vivas, a música, a arquitectura ou a poesía
Neves Seara, Grace Schwindt, Mónica Valenciano, Nuria Vil, María Jerez, Nuria Sotelo ou Juan Domínguez participan no Plataforma
Plataforma, festival de arte performativa, do 16 ao 25 de maio, en distintos espazos de Santiago de Compostela
”Un corpo non esperta enfermo así
como así un corpo non se fai deserto
se non é á forza de esgotarlle os recursos
e a vontade”
Son versos de Nuria Vil que este domingo estrea Deserto, un proxecto de poesía expandida dentro da programación do Plataforma, festival de artes performativas que, neste preciso momento, arranca en Compostela coa performance concerto 'Como un cento de paxaros', de Benxamín Otero e o Coro da Ra. Ata o próximo día 25 un programa en que as artes vivas, a música ou a poesía se espallan pola cidade.