Publicador de contidos

Publicador de contidos

 O PP e un exedil do PSOE presentan unha moción de censura en Forcarei

 O PP e un exedil do PSOE presentan unha moción de censura en Forcarei

Será debatida o 31 de xullo e propón como alcaldesa á popular Belén Cachafeiro, que pide acabar co clima guerracivilista

Momento en que o grupo popular de Forcarei e o exconcelleiro socialista Rafael Fiestras rexistran a moción de censura no Concello Momento en que o grupo popular de Forcarei e o exconcelleiro socialista Rafael Fiestras rexistran a moción de censura no Concello
G24.gal 16/07/2025 12:35

O grupo municipal do PP de Forcarei rexistrou este mércores no Concello unha moción de censura contra a alcaldesa Verónica Pichel xunto ao exedil do PSOE Rafael Fiestras.

Previsiblemente, a moción, que se debaterá o 31 de xullo, sairá adiante, xa que contaría co apoio maioritario da corporación ao ser referendada polos cinco concelleiros do grupo popular e polo non adscrito, mentres que o PSOE suma catro edís e o BNG, un.

Así, propoñen como candidata á exalcaldesa e portavoz municipal do PP Belén Cachafeiro, que xa gobernou a localidade pontevedresa entre os anos 2012 e 2019.

Tal e como detallaron os populares nunha nota de prensa, o obxectivo é poñer fin a seis anos de desgoberno, xestión absolutamente ineficaz, desatención aos veciños, falta de investimentos, deterioración dos servizos públicos e autoritarismo por parte, sinalan, da alcaldesa e do goberno local.

"O Concello de Forcarei leva seis anos paralizado, con constantes oportunidades perdidas, con investimentos que non chegan e axudas millonarias que se perden, con facturas que non se pagan, coas asociacións esquecidas, coas parroquias abandonadas e desatendidas, cunha confrontación brutal con todas as administracións, o que é moi prexudicial para os veciños, e cun clima guerracivilista instaurado pola alcaldesa, moi afastado da harmonía na que sempre viviu Forcarei", subliñou Cachafeiro.

Así, a popular instou á alcaldesa a aceptar a moción democraticamente e con tranquilidade, conforme, dixo, ao que sostén o seu propio partido e á súa propia actuación política.

Ademais, Cachafeiro avanzou a súa intención de conformar un goberno para actuar con decisión e unidade de acción nun proxecto común para Forcarei, composto por seis concelleiros: os cinco do PP e o exedil socialista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade