Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Gañar sen importar como", a premisa do Lugo para o partido deste sábado

"Gañar sen importar como", a premisa do Lugo para o partido deste sábado

O conxunto lucense recibe a Real Sociedade B este sábado ás 19:00 horas (G2 e agalega.gal)

Tamén se adianta ao sábado o partido do Arenteiro, que recibe o Teruel

G24.gal 26/01/2024 17:48

A xornada de Primeira Federación ten dúas citas cos equipos galegos este sábado. Unha delas verémola na G2 e agalega.gal. Será o partido que xogue o Lugo diante da Real Sociedade B a partir das 19:00 horas. 

O conxunto lucense precisa mudar a dinámica de xeito inmediato. Despois de catro derrotas seguidas en liga, o troco de adestrador non serviu como revulsivo e os postos de play off están cada vez máis lonxe. "Gañar sen importar como" asegura o técnico Paulo Alves, un adestrador co que o conxunto lucense aínda non conseguiu marcar ningún gol nas tres xornadas en que dirixiu o equipo.

O Arenteiro quere dar outro paso adiante

O caso do Arenteiro é totalmente oposto ao do Lugo. O equipo conseguiu dúas vitorias seguidas (Barcelona B e Real Unión) e atópase cómodo na metade da táboa, máis preto dos postos de ascenso que dos de descenso. Unha situación que ninguén agardaba ao comezo da temporada.

Visita Espiñedo este sábado o Teruel, último clasificado e ao que toman como un rival moi directo no Arenteiro. Saben que unha vitoria valería dobre porque co resultado de empate da primeira volta sería un adversario ao que deixarían a 18 puntos, unha distancia case insalvable co que queda de competición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade