Unha execución incorrecta, o motivo do accidente de autobús en Covadonga
O atestado xa foi entregado ao Xulgado de Instrucción de Cangas de Onís

Despois de algo máis de tres meses, a investigación realizada pola Garda Civil despexa a causa do accidente: "Produciuse por unha execución incorrecta da manobra de cruzamento con outro vehículo". O condutor desprazouse demasiado cara á dereita da estrada e envorcou sobre a ladeira e deu dúas voltas antes de estabilizarse.
A manobra correcta sería a detención do autobús ou a marcha atrás ata un lugar con espazo seguro para a circulación dos dous vehículos, segundo aseguran os corpos de seguridade.
Esta investigación remata despois de tomar declaración a seis persoas: o condutor e cinco testemuñas. Algunhas estaban no vehículo e outras en medios de transporte que presenciaron o accidente.
Tamén se debeu xestionar moita documentación (debido ao gran número de afectados), contrastar gran cantidade de comentarios das testemuñas, inspeccionar o vehículo, a vía e a análise do tacógrafo.
"Resultou ser unha investigación minuciosa e moi técnica", Garda Civil.
O sinistro tivo lugar o 31 de xullo as 12:00 h na estrada que ascende aos Lagos de Covadonga, en Cangas de Onís. O servizo era realizado polo autobús da compañía Alsa en que viaxaban 48 persoas e o condutor. O suceso rematou con 49 feridos, seis de gravidade.