Cargando resultados...
Un coche queda pendurado do balcón ao perder o condutor o control do vehículo
Ocorreu este luns en Oleiros cando o home saía para traballar
G24.gal
29/06/2026 22:05
Un coche acaba pendurado da terraza dunha vivenda en Oleiros ao perder o seu condutor o control do vehículo.
O home saía da súa casa de Oleiros este luns para ir traballar.
Por causas que se descoñecen, o coche seguiu avanzando ata que caeu pola terraza. Quedou totalmente en vertical.
A pesar do aparatoso que foi o sinistro, o condutor resultou ferido leve cunha pequena lesión nun pé.