Lugo e Arenteiro miden traxectorias no derbi do Anxo Carro (sábado, 19:00, G2)

Munitis: "É un equipo que compite moi ben, intenso"

Javi Rey: "Partido fermoso para o espectador"

G24.gal 24/11/2023 15:23 Última actualización 24/11/2023 15:26

O derbi do interior está servido. Lugo e Arenteiro miden traxectorias no Anxo Carro. O Lugo, cun único traspés nas últimas sete xornadas, e ao axexo da zona de promoción, agarda un Arenteiro rabudo.

Munitis: "É un equipo que compite moi ben, intenso. Vainos obrigar a poñer o mono de traballo".

O Arenteiro non perdeu nos últimos catro partidos. Manteñen unha marxe de seguridade coa zona perigosa e o Anxo Carro un grande escenario para amosar as súas armas.

Javi Rey: "Partido fermoso para o espectador. O Lugo está moi ben".

Varios centos de seareiros acompañarán o equipo e daranlle máis cor aínda a un derbi que poderán seguir en directo pola G2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade