Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
			
		
		
			
			
				Atopan con vida e signos de hipotermia a muller desaparecida en Muros
O GES localizou a muller de 74 anos desorientada na estrada das Paxareiras
 
            
                            G24.gal
                        
                            10/11/2023 19:13
                        
                        
                        
                        
                    
                    O GES de Muros localizou con vida na tarde deste venres a María Pura Vidal Pérez na estrada das Paxareiras. A muller de Boiro atopábase desaparecida desde este xoves, despois de que fose avistada por última vez na lonxa de Muros xunto cuns amigos.
Fontes do 112 confirman que a muller estaba desorientada e que presentaba signos de hipotermia. Os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 achegáronse ata o lugar para asistir a señora de 74 anos.
A Garda Civil da Coruña e o Concello de Boiro prestaron a súa dispoñibilidade para axudar no necesario na busca da muller.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
                