Contido con Xeográficas Moaña .

Contido con Xeográficas Moaña .

Moaña

A Policía Local de Moaña retira unha decena de cabalos da estrada

07/07/2025 14:36

Os cabalos estaban nunha rotonda preto dun dos accesos da autovía do Morrazo ao concello de Moaña

Non é a primeira vez que estes animais invaden as estradas do municipio


Foxe tras arderlle o coche roubado co que tivo un accidente en Moaña

28/06/2025 14:21

O vehículo provocou un pequeno incendio forestal tras caer por un barranco e bater cunha árbore

Os equipos de emerxencia temeron que puidese haber vítimas entre os ferros calcinados do turismo

A Garda Civil comprobou que roubaran o coche e buscan o condutor, que fuxiu do lugar


Un gran foxo no paseo do Con en Moaña obriga a cortar a vía por perigo de derrubamento

06/06/2025 14:33

Para moitos veciños é a única rúa de acceso ás súas vivendas

O Concello leva catro anos pedindo a Costas do Estado que arranxe as deficiencias

Etiquetas:  DERRUBA

Un refuxio para morcegos instalado en Tirán

Moaña instalará máis refuxios para morcegos para loitar contra o mosquito tigre

11/05/2025 20:09

O mosquito tigre detectouse por primera vez en Galicia no verán de 2023

A súa picadura pode provocar dor persistente e reacción alérxica

O concello de Moaña vai comezar a segunda fase de colocación de refuxios para morcegos nas cinco parroquias do municipio


O mosquito tigre volve aparecer en Galicia esta tempada, e faino de novo en Moaña

05/05/2025 14:05

Neste municipio foi onde se atoparon mosquitos tigre por primeira vez na nosa comunidade no verán do 2023

Os expertos aconsellan tomar precaucións para evitar as molestas picaduras


Xogos de todo tipo, animación e actividades lúdicas, na Comic-Con de Moaña

12/04/2025 20:37

A convención, que celebra o 30 aniversario de Pokemon, ofrece obradoiros, circuítos, concursos e, sobre todo, xogos


Un incendio nun estaleiro de Moaña deixa dous traballadores feridos

19/03/2025 16:04

Ardeu unha embarcación que estaban despezando

É o segundo incendio no mesmo lugar en só tres meses

Etiquetas:  INCENDIO

Investigan un roubo no Club de xubilados de Domaio, en Moaña

10/03/2025 14:02

Os ladróns, que se cre que só buscaban cartos, levaron un botín que se aproxima aos 300 euros

Etiquetas:  ROUBOS

Investigan un edil de Moaña por suposta malversación de fondos de Protección Civil

06/03/2025 12:12

A investigación aberta pola Garda Civil apunta ao concelleiro nacionalista de Mocidade, Infancia e Voluntariado, Kevin González, e outras tres persoas

O Goberno local asegura que González colaborará coa investigación xudicial e "facilitará canta documentación teña e sexa requirida"

A investigación podería estar relacionada con subvencións da Xunta recibidas pola Agrupación de Protección Civil, segundo fontes xornalísticas


Collidos na allada mentres tentaban roubar nunha gasolineira de Moaña

05/03/2025 12:53

Ocorreu en Domaio e a Garda Civil conseguiu deter un dos dous ladróns



TVG

Un incendio calcina parte do tellado dunha casa en Moaña sen causar danos persoais

22/01/2025 10:17

Cando se iniciou o lume só estaba unha muller na casa, que puido saír, e ela mesma alertou os servizos de emerxencias ao ver as lapas

Etiquetas:  INCENDIO

O acusado do crime de Tirán (Moaña), escoita o veredicto do xurado que o declarou culpable de asasinar á súa veciña e de tentar roubarlle (EUROPA PRESS)

A defensa do home que matou a súa veciña en Moaña asegura que houbo testemuños falsos durante o xuízo

13/01/2025 14:42

Rexeitan a cualificación de asasinato e piden a revisión da condena

Négase a "intención de matar" e piden a cualificación "en todo caso, de homicidio imprudente"


Cuberto incendiado en Moaña (TVG).

Incendios sen feridos nunha vivenda en Cangas e nun cuberto en Moaña

07/01/2025 12:01

No domicilio cangués ardeu a leña gardada para a cheminea e no pendello de Moaña as lapas calcinaron dúas motos e maquinaria agrícola


Arde por completo un coche na autovía do Morrazo, á altura de San Lourenzo

29/12/2024 10:10

Os bombeiros tardaron dúas horas en sufocar o lume pola vertedura do depósito de combustible

Etiquetas:  INCENDIO

Preparativos para Acción de Grazas en Galicia

28/11/2024 15:37

Os norteamericanos residentes na nosa comunidade festexan o día con agradecementos á familia 


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co presidente do Grupo Rodman, Manuel Rodríguez / Xunta

Rueda reivindica o sector naval galego no 50 aniversario de Rodman Polyships en Moaña

27/11/2024 17:13

Rueda destaca que a Xunta ultima un plan director para o sector naval

Nestes 50 anos, o grupo Rodman construíu nos seus tres centros produtivos da ría de Vigo 15.000 patrulleiras, barcos e iates, para clientes de 65 países, dende Pescanova ou a Armada Española ata os gobernos de Omán ou Angola


Policía ás portas do edificio afectado a primeira hora da mañá

Un incendio nunha vivenda obriga a desaloxar todo un edificio en Moaña

19/11/2024 12:31

Causou danos materiais na vivenda, pero non quedou ningunha persoa ferida



Prisión para o detido polo crime machista de Moaña

07/10/2024 21:08

A xuíza decreta prisión provisional para o investigado polo homicidio de Faddoua Akkar

Confirman o de Moaña como crime machista, terceiro do ano en Galicia

 


Decretan prisión sen fianza para o acusado do crime machista de Moaña

07/10/2024 18:42

O home, de 47 anos e con antecedentes, está acusado dun delito de homicidio, con penas entre 10 e 15 anos de cárcere

Confirman o de Moaña como crime machista, terceiro do ano en Galicia


Confirman o de Moaña como crime machista, terceiro do ano en Galicia

07/10/2024 14:43

O home detido como presunto autor do homicidio da súa parella recibiu xa a alta hospitalaria e foi posto á disposición do xulgado de Cangas


Veciños e autoridades concentráronse no concello de Moaña para expresar a súa repulsa polo crime

Concentracións de repulsa polo crime machista de Moaña, cuxo suposto autor segue custodiado no hospital

05/10/2024 21:41

O home xa fora condenado por violencia machista pola Audiencia Provincial de Pontevedra

O arrestado estaba no teito do vehículo que caeu ao mar e no que morreu Fadoua Akkar, de 41 anos


O coche que caeu ao mar no peirao de Domaio

Investigan se a morte da muller que caeu ao mar nun coche en Moaña é un crime machista

05/10/2024 08:51

Segundo a Subdelegación do Goberno, o condutor atopado con vida enriba do vehículo ten antecedentes por violencia machista

O home "acelerou notablemente" antes de precipitarse ao mar, segundo sinalaron algunhas testemuñas

Os investigadores da Garda Civil non descartan ningunha hipótese


A Garda Civil busca dous homes que atracaron armados un estanco en Moaña e fuxiron cos cartos da caixa

02/10/2024 10:46

Dúas persoas accederon ao establecemento portando unha arma, aínda que se descoñece polo de agora se era real ou de simulación

Unha vez no interior esixíronlle os cartos á dependenta, a muller entregoulles a recadación do día e os atracadores fuxiron do lugar


Un home atraca unha farmacia en Moaña cunha arma de fogo

18/09/2024 12:31

O atracador, que ía coa cara tapada, ameazou a empregada da botica, a quen deixou encerrada nun curto do establecemento, e fuxiu co diñeiro da caixa


O novo centro de saúde de Moaña, que duplicará o espazo do actual, estará operativo en maio de 2025

17/09/2024 14:33

O conselleiro de Sanidade visitou as obras do edificio, que conta cun investimento da Xunta de 8,3 millóns de euros

Etiquetas:  SANIDADE

O barco chegou xa a porto e agora é momento de avaliar danos

Reflotan e trasladan ao porto de Cangas o barco que se afundiu ao chocar cunha batea

11/09/2024 09:54

Foi posible o seu rescate logo dunha operación moi complicada, xa que estaba nunha zona da ría con moito lodo e a uns 15 ou 20 metros de profundidade


Rescatados tres tripulantes dun barco que chocou contra unha batea en Moaña

05/09/2024 12:56

A embarcación sufriu unha vía de auga e acabou afundindo

Os tripulantes foron trasladados ao peirao do Con e atópanse en bo estado de saúde


Instalan casetas para morcegos en Moaña para facerlle fronte ao mosquito tigre

04/09/2024 14:06

O obxectivo é que aumente a poboación para frear a expansión do mosquito tigre


Leonor e os seus compañeiros, xunto aos traballadores do restaurante/RRSS

A princesa Leonor, de tapas por Moaña cos seus compañeiros da Escola Naval

01/09/2024 11:06

A herdeira da Coroa gozou da primeira xornada de descanso integrada nun grupo con cinco compañeiras e outros nove compañeiros de estudos en Marín


Moaña réndelle homenaxe cunha exposición ás xentes do mar e aos seus oficios

10/08/2024 21:21

A asociación Devanceiros do Mar traballa desde o 2020 para conservar e divulgar a cultura mariñeira deste concello do Morrazo.

A exposición 'O noso mar' pode verse no alto da praza de abastos de Moaña ata o 15 de setembro.

Etiquetas:  EXPOSICIÓNS

Fonte: EFE

Rodrigo Conde remata 5º na final de Dobre Scull masculino

01/08/2024 11:28

Conde e García lideraban a proba, pero non lograron manter o ritmo durante toda a final


Fonte: EFE

Rodrigo Conde pasa á final de dobre scull

30/07/2024 11:54

O padexeiro moañés e o seu compañeiro Aleix García finalizan en segundo lugar na súa semifinal

O xoves buscarán sumar un novo metal para a delegación española a partir das 11:30


Imaxe de arquivo do acusado, Balbino S. E. (Europa Press)

Condenado a 25 anos de cárcere o home que matou a súa veciña en Tirán

26/07/2024 15:49

En 2021 entrou roubar na casa da muller e matouna tras agredila "de maneira inesperada e sen que puidera defenderse"


Colonias de morcegos contra o mosquito tigre en Moaña

11/07/2024 14:26

Colocaron equipos de ultrasóns para detectar a súa actividade e instalarán casetas para intentar aumentar a súa poboación       


Posto da Garda Civil en Moaña (Arquivo TVG)

Detidas dúas persoas e investigadas dezaoito por extorsionar usuarios de plataformas web de contido sexual

10/07/2024 13:08

A operación arrincou por mor dunha denuncia perante a Garda Civil de Moaña. Os arrestados residen en Valencia e Pobla de Fornals


Rodrigo Conde superou todos os retos e estará no dobre 'scull' en Paris 2024

10/07/2024 11:16

Serán os primeiros xogos para o remeiro moañés

Categorías:  Deportes   Moaña

Imaxe do acusado, Balbino S. E. (Europa Press)

O xurado declara culpable de asasinato con aleivosía e roubo o acusado do crime de Tirán

04/07/2024 22:13

O xurado considerou que Balbino entrou na casa da vítima con intención de roubar e que a agrediu sen que a muller tivese posibilidade de defenderse

A Fiscalía mantivo a súa petición de 25 anos de prisión, á que se adheriu a acusación particular

A defensa solicitou que se lle impoña a pena no seu grao máis baixo


Imaxe cedida por Felipe Rebelo.

Un ferido ao explotar a súa embarcación de recreo en Moaña

04/07/2024 10:47

Segundo informa o 112, o home ten queimaduras nos antebrazos

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 127 resultados.