Cargando resultados...
Collidos na allada mentres tentaban roubar nunha gasolineira de Moaña
Ocorreu en Domaio e a Garda Civil conseguiu deter un dos dous ladróns
G24.gal
05/03/2025 12:53
A Garda Civil colleu na allada dous ladróns cando na madrugada do martes tentaban roubar na gasolineira de Domaio, en Moaña. Os axentes conseguiron deter un, pero o outro fuxiu. Tamén conseguiron evitar o roubo.
A zona pegada a estrada PO-551 é moi transitada e segura segundo os que a frecuentan. Pero os ladróns deberon pensar que atoparían cartos xa que ten moita clientela. Aínda se aprecian danos nas portas e na caixa forte.
O detido, un vigués de trinta e tres anos con antecedentes, prestou declaración no xulgado de garda de Cangas e quedou en liberdade con cargos. O outro ladrón non foi aínda localizado.