Trece detidos no desaloxo de tres edificios ocupados en Barcelona e Santa Coloma de Gramanet

O movemento okupa barcelonés convoca manifestacións para esta tarde

Furgón policial na zona
G24.gal 30/11/2023 14:30

Os Mossos d' Esquadra desaloxaron esta mañá dous edificios ocupados no barrio barcelonés da Bonanova e detiveron sete persoas.
Case o mesmo tempo, desocuparon outro edificio na veciña localidade de Santa Coloma de Gramanet.

O desaloxo dos dous edificios ocupados no barrio barcelonés da Bonanova comezou pasadas as seis da mañá e rematou pouco antes do mediodía coa retirada do último ocupante quen tentou zafarse dos Mossos descolgándose nunha corda pola fachada.

Para acceder ao interior dos inmobles, os axentes utilizaron os seus escudos e unha gaiola metálica que os protexía dos obxectos que caían sobre eles, como petardos, bengalas e rodamentos de aceiro. As sete persoas que estaban no interior dos edificios, renomeados o Cubo e a Ruína polo ocupas, foron arrestadas.

Case ao mesmo tempo e na veciña localidade de Santa Coloma de Gramanet, os antidisturbios da policía catalá entraban noutro edificio ocupado para desaloxalo tamén por orde xudicial. Dentro atoparon seis persoas, dúas delas con medio corpo dentro de bidóns cheos de material solidificado e que aínda non puideron ser liberadas. Os seus catro compañeiros foron detidos.

O movemento okupa barcelonés convocou para esta tarde mobilizacións de protesta por estes desaloxos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade