Os polígonos bateeiros da ría de Vigo están todos abertos, pero a produción non remonta

Os bateeiros só poñen no mercado a metade do mexillón que obtiñan en anos anteriores e teñen problemas para abastecer a demanda

G24.gal 17/11/2023 13:11

Todas as bateas da ría de Vigo xa están abertas nun ano especialmente duro para o sector. A produción de molusco reducíuse ao 50 %. E os bateeiros teñen problemas para abastecer a alta demanda estatal e internacional.

Unha das asociacións de Moaña destina ao 80 % ao mercado exterior, sobre todo Francia e Italia. Outra boa parte vai a cocedoiros e conserveiras.

A desaparición do bivalvo pódese deber á temperatura da auga, máis elevada do habitual, á contaminación ou á excesiva presenza de auga doce.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade