Sen prazas en moitos trens para regresar a Galicia polo Nadal

Un mes antes das festas, xa non hai billetes para vir directo dende Barcelona ou Pais Vasco

Na liña Madrid-Galicia as poucas prazas vacantes chegan a prezos 

Viaxeiros na estación de tren
G24.gal 24/11/2023 14:33

Queda un mes para o Nadal e xa non hai prazas de tren dispoñibles para regresar a Galicia directamente dende Barcelona ou o País Vasco nos días previos ás festas. Dende Madrid aínda podemos atopar algún billete dispoñible, pero a prezos que chegan ata os 126 euros por traxecto. Os usuarios reclaman máis prazas para dar resposta á alta demanda desta liña e prezos máis axustados.

A liña Madrid-Galicia é unha das máis demandadas. Desde a chegada da alta velocidade, vai para dous anos, dobrou o número de viaxeiros. Só no que levamos de ano o incremento de usuarios foi dun 13 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade