PortAmérica suma a Juanes, Ilegales e León Benavente ao seu cartel para 2024

O festival citará en Portas a Aitana, Vetusta Morla, Xoel López, Rodrigo Cuevas e Toquinho do 4 ao 6 de xullo

G24.gal 01/12/2023 10:59

O artista colombiano Juanes actuará no PortAmérica 2024, o festival que se celebrará en Portas (Pontevedra) os días 4, 5 e 6 de xullo.

Será un dos cabeza de cartel do festival, que este xoves anunciou cinco novas incorporacións á súa oferta musical.

Ademais de Juanes, unha das grandes estrelas da música latinoamericana, que dará en PortAmérica o seu único concerto en Galicia, o festival suma ao seu cartel a Ilegales, banda pioneira do rock español con catro décadas ás súas costas.

Guadi Galego, The Rapants e Mondra son os artistas galegos que tamén actuarán no festival

León Benavente, referencia do indie rock español; Besmaya, dúo que combina sons alternativos con tendencias actuais, e Guadi Galego, que fusiona folk e pop en temas que exploran a identidade cultural de Galicia, completan este novo avance.

Todos eles súmanse ás bandas e artistas xa confirmados previamente, entre eles Aitana, Arde Bogotá, Vetusta Morla, Xoel López, Rodrigo Cuevas, Carlos Sadness, o rapeiro arxentino Milo J ou o cantautor brasileiro Toquinho.

Marilia Monzón, El Columpio Asesio, Burning, Standstill, Sarria e Shinova, xunto cos galegos The Rapants e Mondra e os mexicanos Caloncho e Son Gallo Negro, tamén estarán en PortAmérica 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade