Os traballadores de Vitrasa saíron á rúa para reclamar mellores condicións laborais e a actualización dos salarios

Os empregados critican a posición do Concello de Vigo e da empresa, xa que ningunha das partes reaccionou tras o anuncio da folga indefinida

G24.gal 10/11/2023 10:09

Nova concentración dos empregados de Vitrasa en Vigo. Ducias de traballadores da concesionaria municipal do transporte da cidade. Sacaron de novo esta pasada noite as súas pancartas para reclamar mellores condicións laborais e a actualización dos salarios, conxelados desde 2020.

Os empregados critican a posición do Concello de Vigo e da empresa, xa que ningunha das partes reaccionou tras o anuncio da folga indefinida. A de onte foi a segunda xornada de folga. De agora en diante, haberá paros parciais ata o 25 de novembro, momento en que, de non chegar a acordo, iniciarán a folga indefinida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade