Os hostaleiros de Santiago denuncian sentirse "criminalizados" polo Concello

As asociacións de hostaleiros piden unha reunión urxente co Goberno local

Denuncian "arbitrariedade" e "pouca obxectividade" na interpretación de determinadas normas que prexudican, sobre todo, din, os locais de lecer nocturno

G24.gal 26/10/2023 14:10 Última actualización 26/10/2023 14:26

O sector da hostalaría de Santiago denuncia sentirse criminalizado polo Concello da cidade. As tres asociacións de profesionais de bares, discotecas e locais de lecer nocturno din ser obxecto de inspeccións e restricións municipais baseadas en, segundo eles, criterios que non son obxectivos. Critican que a interpretación arbitraria dalgunhas normas por parte do Goberno local está prexudicando o sector. Piden unha reunión urxente coa alcaldesa para pactar unha solución.

Aseguran os hostaleiros de Santiago que levan anos padecendo unha especie de inacción do Concello e de arbitrariedade nalgunhas decisións de interpretación das normas que, din, os prexudican. A situación non é nova, pero denuncian que aumentou nos últimos tempos. Hai semanas que pediron unha reunión urxente co Concello santiagués, pero denuncian que aínda non teñen resposta.

O sector denuncia restricións arbitrarias e aleatorias por parte da Administración local, especialmente, din, contra os locais de hostalería nocturnos.

Lembran os hostaleiros de Santiago que non existe un conflito nin un problema social vencellado coa súa actividade, que, engaden, é un valor económico importante para a cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos