O turismo rural na Ribeira Sacra agarda estar ao completo na ponte festiva

As expectativas de ocupación son moi boas e agardan máis dun 70 % de ocupación 

O que máis se valora é a tranquilidade, a paisaxe, a gastronomía ou o enoturismo

G24.gal 03/12/2023 15:05 Última actualización 03/12/2023 16:43

Cunha ocupación hoteleira media de entre o 50 e o 60 % no conxunto da comunidade, na Ribeira Sacra as previsións son aínda máis positivas. Nos días festivos hai establecementos que xa teñen as reservas completas. 

Uns marchan e outros chegan para pasar esta ponte de decembro no parador de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Un paseo en catamarán polos canóns do Sil para gozar da súa gran beleza paisaxística, a Ribeira Sacra é un dos lugares de Galicia que máis atrae os turistas que buscan tranquilidade.

O turismo rural afiánzase tamén nesta época do ano e hai establecementos hoteleiros na zona que agardan colgar o cartel de completo estes días festivos.

Xente de toda España, desde Madrid a Cataluña, Estremadura ou Castela e León elixen descubrir ou repetir estancia na Ribeira Sacra, un lugar único que aspira a converterse en Patrimonio da Humanidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade