O Lugo resiste e suma tres puntos en Sestao (0-1)

Tabuaço salvou os lucenses con varias paradas no primeiro acto

Willy Ledesma anotou o único gol cunha boa testada

G24.gal 02/12/2023 16:19 Última actualización 02/12/2023 21:17

O C. D. Lugo sumou tres puntos na súa visita ao Sestao River nun partido igualado que ben puido ter varios goles máis.

A primeira metade non foi a mellor do Lugo no que vai de tempada. O Sestao tivo grandes ocasións chegada a primeira media hora de partido, pero Tabuaço erixiuse como o mellor dos visitantes con dúas grandes paradas. Pese ao sufrimento, os lucenses probaron o gardarredes local cun disparo dende lonxe da área ao fío do descanso.

Ao comezo do segundo acto, o Lugo dispuxo dunha clara ocasión que non deu materializado en gol. Tras pasar por vestiarios, o dominio local disolveuse pouco a pouco e Willy Ledesma adiantou o Lugo cunha boa testada logo dunha fermosa xogada colectiva. O tanto foi no minuto 67 e, tras el, os lucenses tiveron un par de ocasións para sentenciar antes de que lle fora anulado un gol aparentemente legal ao Sestao River.

A resitencia do Lugo outórgalle tres valiosos puntos a domicilio que o sitúan polo momento na sexta posición e a un punto do playoff.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade