A metade da forraxe de inverno está sen sementar polo exceso de chuvia

En moitas zonas, as leiras seguen enchoupadas e impracticables para a maquinaria

Os agricultores temen que este atraso poida afactarlles para recibir as subvencións da PAC

G24.gal 21/11/2023 10:27

O exceso de auga durante das pasadas semanas mantén en suspense os agricultores galegos, que ven perigar as subvencións do ano que vén porque as terras están impracticables. Din que se non vén tempo seco durante dez días, non poderán sementar as forraxes.

"Entérrase o tractor todo, pégase a terra aos discos, atranca as tubaxes por onde sae a semente, e temos que parar porque non podermos traballar así", explica Manuel Crespo Pereira, empregado de Cobideza.

As perdas dependerán do que suceda de aquí a finais de ano, pero temen que non lles dea tempo a rematar de sementar a forraxe de inverno

"Non é só que quedemos sen forraxe para o ano que vén. Se non que temos as subvencións da PAC e cando pasen os satélites van ver terra en vez de herba verde e polo tanto pode afectarmos para as axudas do próximo ano", engade Román Santalla, presidente de Cobideza Sociedade Cooperativa.

Ante o temor de quedar sen subvencións, piden que a mediación da Consellería do Medio Rural para ir advertindo deste problema. Ao tempo que miran as nubes, pedindo unha tregua.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade