Israel abre unha crise diplomática coa ONU e pide a dimisión do seu secretario xeral, António Guterres

Fai dous meses do ataque de Hamas que derivou nunha guerra e nunha crise humanitaria sen precedentes na Franxa de Gaza

G24.gal 07/12/2023 20:19 Última actualización 07/12/2023 20:27

Israel pide a dimisión de António Guterres despois de que apelara excepcionalmente ao artigo 99 da carta de Nacións Unidas para forzar un cesamento do fogo na Franxa de Gaza por razóns humanitarias. Unha proposta que xa apoiaron publicamente o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, e o alto comisiónado da Unión Europea, Josep Borrell.

O Goberno hebreo di que o secretario xeral da ONU é unha ameaza para a paz mundial, porque considera que se está poñendo do lado de Hamas, en vez de esixirlle que libere os 139 reféns israelís que mantén secuestrados.

Esa sería a primeira condición que pon Israel para sentar a negociar. De momento non hai tregua nos ataques, que agora se concentran no sur da Franxa. Só este xoves causaron máis de 300 mortos e segundo as autoridades palestinas, desde que se iniciou a guerra son máis de 17.000.

Por primeira en dous meses, Israel accede a abrir o paso de Kerem Shalom, na fronteira entre Gaza, Israel e Exipto, para a entrega de axuda humanitaria á Franxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade