Falece un home de 55 anos nun accidente de tráfico na VG-20 en Vigo

O coche adiantaba outro vehículo, perdeu o control e bateu contra a varanda de protección do túnel de Bouzas

G24.gal 27/10/2023 09:31 Última actualización 27/10/2023 13:46

Un home, de 55 anos de idade, faleceu na mañá deste venres en Vigo tras saír da vía no túnel da VG-20 ao seu paso por Bouzas. 

Os feitos ocorreron minutos antes das 08:00 horas.  O coche adiantaba outro vehículo, perdeu o control e bateu contra a varanda de protección, en dirección Balaídos. 

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia de soporte vital avanzado, bombeiros e a Policía Local, así como os servizos de mantemento da estrada

Máis tarde, outras chamadas de particulares informaban ao 112 de que os servizos sanitarios estaban a tratar de reanimar ao condutor, que finalmente faleceu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade