Denuncian unha invasión de pombas nun edificio abandonado do barrio coruñés dos Castros

Os veciños esixen medidas para evitar a proliferación de pragas e problemas de saúde

G24.gal 07/11/2023 13:33

Son ducias as pombas que, aproveitando que non hai ventá ou que algunha está rota, se meten nun inmoble abandonado do barrio coruñés dos Castros.

"Aí hai moitas pombas porque se meten por arriba, que non hai ventás". "E sobre todo agora que están criando hai moitísimas. Vémolas entrar e saír", comentan os veciños.

Consideradas por moitos como unha praga urbana, os veciños da contorna expoñen as molestias que lles están a ocasionar.

"Fan ruído e son moi molestas", está todo cheo de excrementos", "é unha porquería".

Amais, hai quen cre que o interior do edificio, que xa foi tapiado hai anos para evitar ocupacións ilegais, é un foco de infección. Por iso, desde a asociación de veciños xa lle transmitiron a súa queixa ao Concello para que actúe e evitar posibles riscos de saúde.

"Algo teñen que facer con esa casa porque non podemos seguir así".

Temen tamén que favoreza a proliferación de roedores e insectos, polo que esixen que se interveña canto antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade