DaVinci, a robótica ao servizo da cirurxía de precisión en Galicia

Máis de 4.000 intervencións en dous anos de implantación dos robots DaVinci na sanidade pública galega, un paso adiante que se levou a cabo a un tempo nas sete áreas sanitarias

G24.gal 30/10/2023 11:08

A cirurxía robótica é unha realidade diaria na rede pública galega. Este mes de outubro as áreas sanitarias da Coruña, Santiago e Vigo comezaron a operar próteses de xeonllo con robots, unha técnica á que se irán incorporando o resto de centros.

Estes equipos veñen sumarase á tecnoloxía DaVinci, unha das máis avanzadas do mundo, e que se emprega en múltiples especialidades. En dous anos de actividade os robots DaVinci suman xa preto de 5.000 intervencións cirúrxicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar