Barcelona e Atlético rubrican o seu pase aos oitavos da Champions

O Barcelona remontou ante o Porto con goles dos benfiquistas Cancelo e João Félix

O Atlético gañou en Rotterdam (1-3) con dous goles locais en propia porta

G24.gal 28/11/2023 22:09 Última actualización 28/11/2023 22:45

O Barcelona sacou adiante un partido decisivo para o seu futuro na Liga de Campións (2-1). E iso que o Porto conseguiu poñerse por diante cun gol do brasileiro Pepê. Cancelo marcou o gol do empate aínda no primeiro tempo nunha brillante acción individual. 

Na segunda parte asociáronse os dous Joãos para marcar o segundo gol do Barcelona, que agora ten case garantida a primeira posición do grupo. 

 

O Atlético de Madrid tamén deu o paso definitivo para meterse nos oitavos de final co triunfo no campo do Feyenoord (1-3) e agora só queda pendente da disputa da primeira posición do grupo coa Lazio (Atlético 11 puntos e Lazio 10). 

Os de Simeone aliáronse coa sorte para marcar o primeiro gol do partido. Era o minuto 22 cando, á saída dun córner, un balón pendurado sobre a área rozou no xogador local Geertruida. 

O segundo gol marcouno un defensa. Mario Hermoso sacou un remate excepcional que entrou pola escuadra e sentenciou un Feyenoord que perdeu todas as opcións que tiña de seguir na Champions. 

O equipo dos Países Baixos non tiña nada que perder e botouse ao ataque á procura do gol, que anotou Wieffer no 77. Pasou por un momento de apuro o Atlético, ata que no 83 chegou o 1-3 definitivo marcado tamén en propia porta por Santi Giménez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar