Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barça quere celebrar os 16 anos do 'Iniestazo' clasificándose para outra final

O Barça quere celebrar os 16 anos do 'Iniestazo' clasificándose para outra final

A eliminatoria chega igualada ao partido de San Siro diante do Inter de Milán despois do empate (3-3) da ida

G24.gal 05/05/2025 20:11

Este martes volve a Champions. Barcelona e Inter volven verse cara a cara no partido de volta das semifinais. Tras o 3 a 3 da ida en Montjuïc todo queda por decidir en Milán. A gran novidade na lista de Hansi Flick é o regreso de Lewandoski, que xa ten a alta médica. O Barcelona quere disputar a que sería, de clasificarse, a súa novena final da máxima competición continental.

Un 6 de maio, pero de 2009, o Barcelona conseguiu a clasificación para outra final da Champions cun gol de Andrés Iniesta diante do Chelsea no minuto 93. Dezaseis anos despois agardan que se repita a historia e consigan o billete para o partido definitivo. Para iso terán que superar un rival moi rochoso no aspecto defensivo e que vai contar con Lautaro Martínez, mancado na ida e xa recuperado para este encontro de volta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade