Cargando resultados...
O Celta ficha o centrocampista qatarí Anthony Khayat
Internacional sub-20 con Emiratos Árabes, o novo futbolista qatarí xogará este curso coa Celta Fortuna

G24.gal
17/07/2025 12:13
Última actualización 17/07/2025 12:17
O Celta anunciou este xoves a incorporación do centrocampista Anthony Khayat, quen procede do Fursan de Dubái, club presidido polo exxogador celeste Michel Salgado, e firma coa entidade galega ata xuño de 2028.
“É un xogador combativo, capaz de xogar en diferentes posicións e adaptarse a distintos sistemas de xogo, polo que, é un orgullo que siga crecendo nun club como o Celta”, afirmou Michel Salgado.
Internacional sub-20 con Emiratos Árabes, o novo futbolista qatarí xogará este curso coa Celta Fortuna en Primeira Federación